lunes, 28 de octubre de 2013

Claro de lúa

Hay días complicados de sentir... hoy he recibido una mala noticia (tengo un cáncer de mama) y un regalo.
Por ahora me quedo con el regalo, luego ya haremos lo que toque.


Gracias María 


Claro de lúa

25/10/2013 - María Varela

A lúa de outono é a máis escorrediza de todas. Esvaécese tralas nubes negras na noite negra. Agóchase en silencio e nin se deixa sentir. Por iso cando descubriu o ceo gris do novembro galego se tatuou unha lúa nova no ombro esquerdo para que a arroupe nos seus desvelos. Ela é unha meiga boa. Non fai conxuros nin ten unha verruga no nariz, pero hai algo máxico nas súas mans de nai agarimosa que enfeitiza o que toca. É coma un personaxe de encantamento: pinta as paredes con sabores (‘flanín’,framboesa, mazá verde...), planta xirasoles xigantes para levar á luz do sol á porta da casa e calceta auroras boreais. Días atrás mudou a media lúa do seu perfil por un lazo rosa. Coma moitos. Só que ela engadiu unha frase en primeira persoa: “Aí vou”. Axiña sairá de dúbidas. Saberá se ten que iniciar unha andaina que moitas mulleres encaran hoxe en día baixo ceos empedrados. Di que agarda coa serenidade do mar mentres vai derramando sorrisos pola casa. Prepara tortas doces e amargas e atesoura momentos na bitácora da súa travesía. As encrucilladas, os abismos... xorden á beira dos camiños cando menos se esperan. E dá moita vertixe cruzalos na escuridade. Sen embargo, sempre hai alguén disposto a acompañarnos, e demostrar que tamén as noites de outono teñen o seu claro de lúa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Dimes y diretes